Un Celta máis ineficaz que de costume empatou a un gol no Mini Estadi de Barcelona diante do filial blaugrán. Os pupilos de Luis Enrique aproveitaron a súa primeira ocasión e tiveron sorte en defensa.

Xusto ao comezo do partido, o Barça B marcou por medio de Oriol. Ese tanto deulle azos ao Celta, que xogou inmediatamente despois de poñerse en desvantaxe dez minutos a grande altura.

Pero ao contrario que noutros partidos, os vigueses non marcaron en ningunha das moitas ocasións das que desfrutaron. Nin David Rodríguez nin Trashorras nin De Lucas acertaron a bater a Miño e pouco e pouco o Barcelona B tomou de novo as rédeas do encontro.

Os cataláns non puñan en reais apretos a Falcón pero despregaban un fútbol total que mantiña o balón nos seus pés, o que lle impediu ao Celta facer o seu habitual fútbol-control. As poucas oportunidades antes do descenso chegaron en contraataques, principalmente por banda, pero esta non era a tarde dos dianteiros galegos, especialmente de David Rodríguez, que se queixou dun posíbel penalti.

No segundo tempo, o Celta foi de menos a máis. Nos primeiros minutos viuse superado novamente por un Barcelona que tiña sempre a pelota e que, de cando en vez, atacaba con até seis homes e lle puña moi complicado ao equipo celeste a defensa.
Pero a partir do minuto 55, o Celta medrou.

Trashorras tomou o mando do equipo e abasteceu de balóns aos seus compañeiros.





Pero a partir do minuto 55, o Celta medrou.

Esa nova fase do Celta viuse premiada co gol de Álex López no minuto 62. O empate parecíalle curto a un Celta ambicioso neses minutos que dispuxo de boas ocasións, principalmente outra do propio López, quen, coa porta enteira para el, rematou fóra.
Nos últimos minutos, pola contra, o equipo galego perdeu folgos e o Barça B volveu adonarse do partido e da pelota.
A entrada, ben tarde, de Iago Aspas e Joan Tomás, axilizou un pouco o ataque vigués pero o propio Paco Herrera deuse por satisfeito co empate. Proba diso é que fixo debutar o xuvenil Jota Peleteiro xa no tempo de desconto.
Este empate supón que o Celta abandona o segundo posto e, polo tanto, as posicións de ascenso directo, ao gañar o Raio Vallecano o seu partido e poñerse a dous puntos dos celestes. Por sorte, perdeu o Betis, polo que os tres primeiros postos están con dous puntos de diferenza.
Barcelona B | 1 |
---|---|
Celta | 1 |
Ficha técnica |
---|
1 - BARCELONA B: Miño; Montoya, Bartra, Sergi Gómez, Muniesa; Ilie, Dos Santos, Thiago; Edu Oriol (Víctor Vázquez, min.72), Tello (Rafinha, min.61) y Jonathan Soriano (Saúl, min.46). |
1 - CELTA:Falcón; Hugo Mallo, Jonathan Vila, Catalá, R. Lago; López Garay, Bustos, Álex López; De Lucas (Jota, min.92), Trashorras (Joan Tomás, min.87), David Rodríguez (Iago Aspas, min.81). |
GOLES:1-0, min.8: Edu Oriol; 1-1, min.64: Álex López. |
ÁRBITRO:Melero López (comité andaluz). Amonestó a Ilie (min.17), Álex López (min.31) y Bustos (min.93). |
INCIDENCIAS: Partido correspondiente a la vigésimo tercera jornada de la Liga de Segunda División, disputado en el Miniestadi ante 4.263 espectadores. |
Ante un gran equipo salió del ascenso. Pero bueno, pienso que a final de temporada será el equipo que ascienda directamente junto al Betis.
ResponderEliminar