lunes, 10 de enero de 2011

O celta sigue o bo camiño e afiánzase na 2ª posición


A lesión de Álex López mantivo no once titular a Michu, que foi parella no medio campo creativo de López Garai. Igual que na maioría dos partidos da tempada, a responsabilidade do gol compartírona Trashorras, De Lucas e David Rodríguez.




O equipo vigués rapidamente se fixo co control do xogo. Os visitantes tiñan máis o balón e apenas pasaban apuros na meta propia. O Elxe tiña moito medo do Celta e non arriscaba apenas. E os célticos achaban necesario manter o partido nesa falsa calma total que case sempre os beneficia.
Nesta ocasión, tamén. No minuto 43, cando case todo o mundo estaba a pensar no descanso, Trashorras lanza unha falta, David Rodríguez remata dun xeito excéntrico e Caballero non a ve. 0-1: excelente resultado para os galegos de cara ao segundo tempo.

Rodríguez y De Lucas. Sociedad letal

Logo do tempo de repouso, o Celta volveu á carga. A base do seu dominio, a presión e o talento individual. Cada vez que o Elxe cometía un erro, o Celta sabía como tirarlle partido. O segundo gol foi proba diso. A defensa ilicitana erra no control dun balón no bordo da área, Michu pelexa e imponse, encara a Caballero e báteo con elegancia. O Elxe estaba aleilado e o Celta xogaba a pracer.


Sen mostrar esforzo pero cun nivel de concentración altísimo, os celestes unha e outra vez tiraban perigo de xogadas que semellaban doadas para o Elxe. Nun deses ataques "totais", tras bos toques entre todos os dianteiros, De Lucas encanona e marca o terceiro gol.

 

O paseo de soberbia do Celta interrompeuse nos minutos finais. Hugo Mallo fai un claro penalti e Linares marca o gol da honra para os alacantinos. Nese momento, o equipo local xa xogaba cun home menos pola expulsión de Bodipo pero aínda así fixeron un derradeiro esforzo para tentar reducir aínda máis as diferenzas no marcador. Paco Herrera fixo axustes tácticos e deulle entrada a Sergio Ortega para apuntalar a defensa.
Ao final, os galegos obteñen un triunfo que é o undécimo da tempada e o quinto xogando fóra da casa. O Celta está a catro puntos do liderado e confirma as súas enormes posibilidades de loitar polo ascenso até a última xornada.


No hay comentarios:

Publicar un comentario