domingo, 20 de febrero de 2011

El Celta sofre, traballa, gana e colócase líder


O anterior partido en Balaídos acabara sendo unha festa, con goleada e onda mexicana nas bancadas. Foi por iso que a xente se animou a sacrificar a tarde do sábado no altar do fútbol. Na entrada, bufandas a seis euros e bandeiras a cinco. Pero o espectáculo que ían presentar era de saldo.



O partido comezou cun minuto de silencio polo pasamento de Ibarretxe, ex xogador céltico



Ao contrario doutros partidos, ao Celta custoulle aclimatarse. Non había xerarquía no medio do campo nin un claro obxectivo ofensivo. Só De Lucas era quen de asumir o peso do encontro e del partiron as mellores xogadas de ataque de todo o partido. Pero ao catalán faltoulle o compañeiriño doutras tardes; David Rodríguez tiña a mira da pistola estragada e non foi quen de rematar por dentro ningún dos dous bos balóns dos que dispuxo no centro da área.
Superados eses 15 minutos de presión, o Tenerife conformouse con non pasar apuros en defensa e esperar que algún erro dos locais lle permitise unha boa oportunidade




O xogo do Celta entrou nunha meseta aborrecida, con constantes imprecisións e un xogo horizontal nada atractivo do que só se salvaban polo seu empuxe os laterais, excelentes, Hugo Mallo e Roberto 
Lago.


No segundo tempo, ese fútbol inconsistente apoderouse completamente dos dous equipos. No Celta David Rodríguez deixoulle o sitio a Iago Aspas en ataque e Michu substituíu no medio campo a López Garai. Pero daba igual. O porteiro porriñés Aragoneses non tivo que intervir en ningún momento. Os tinerfeños, pola súa parte, non arriscaban nada e, polo tanto, íalles ser difícil ter algunha ocasión. Aínda así, o goleador veterano Nino a piques estivo de marcar, mercé a unha xogada individual por banda dereita no minuto 58 que culminou cun envelenado xute cruzado que saíu a rentes do pau.
Conforme avantaba o encontro, parecía máis claro que acabaría en empate. O Celta si presionaba, si quería atacar pero os seus xogadores fallaban pases que noutras veces nunca fallaran. Dani Abalo, Bustos ou Álex López acababan disparando precipitadamente, sen rumbo.
 O conxunto canario, nesa altura, xa só pensaba en marchar con ese punto para as illas e por iso non detectou unha fenda na muralla.




Esa fenda consistía en non evitar os disparos desde a liña de medios. Bustos, non os permitiu nun expectacular partido.


Pónganle un busto


Pensando quizais en que o xogo céltico é de triangulación até a área pequena, non contaron coa precisión de Michu. Este xogador, capaz de pasar 30 minutos paseando polo campo sen ningún sentido, tamén é quen de apañar un balón no bordo da área e facer del un mísil imparábel. Ese 1-0 no minuto 88 esconxurou os típicos tópicos xornalísticos das crónicas subseguintes (medo de alturas, a presión impídelle ao Celta chegar ao liderado) e volveu desencadear unha treboada de euforia nun púbico que se ilusiona co equipo incluso nas tardes máis deslucidas, coma esta.


Michu festeja el gol conseguido en los últimos minutos del encuentro. // Ricardo Grobas








1 comentario:

  1. A verdade é que tivo bastante sorte polos problemas que están a pasar os dous equipos cos que compite, o Rayo e sobre todo o Betis.

    ResponderEliminar