lunes, 7 de marzo de 2011

O Celta non saca partido ao seu dominio e cae pola mínima en Alcorcón


Paco Herrera precisou facer rotacións para non acumular cansazo nas pernas dos seus homes máis habituais. Os dous cerebros do equipo, Trashorras e De Lucas, ficaron no banco, substituídos por Dani Abalo e Iago Aspas, que lle deron ao ataque vigués máis profundidade pero menos intelecto. Tamén retornou á titularidade López Garai, por Michu, que había entrar no segundo tempo.



No primeiro tempo, o Celta sufriu a perfecta presión dos locais. Quini probou a Falcón, que respondeu con solvencia e incluso xenialidade. Nos contados contragolpes vigueses, David Rodríguez non chegou a un bo pase de Dani Abalo e Álex López, moi activo en ataque todo o tempo, non puido culminar varias boas oportunidades.
O único gol do partido chegou tras un fascinante contraataque madrileño que converteu en gol Borja, deixando o Celta moi baixo de ánimos.





No segundo tempo, Michu substitúe a Álex López e o partido cobra outra cor para os visitantes. Dani Abalo opta por reivindicarse e intenta, cun xogo máis individualista, complicarlles a vida aos locais. Pero o Alcorcón soubo adaptarse e defendeuse con orde, sempre mantendo homes rápidos en ataque que lles complicaban a vida aos defensas galegos.
Paco Herrera, consciente de que a derrota supuña un duro mazazo para as posibilidades de ascenso, moveu a artillaría. De Lucas entrou por Abalo e puido ser protagonista se non estrelase no pau un bo remate. Outravolta o catalán non acertaba na porta contraria, igual que ocorreu diante do Huesca
.

Tamén entrou Trashorras no campo pero xa nada puido impedir a derrota galega. Os últimos minutos foron de desesperación. Os célticos atacaban pero víanse superados no contragolpe por un Alcorcón que ben puido marcar máis goles


.

No desconto, López Garai recibiu un cartón vermello directo por supoñer o árbitro que entrara sobre un adversario que se plantaba só diante de Falcón.
Esta segunda derrota consecutiva supón o final do liderado do Celta, agora segundo a dous puntos do Rayo.

ALCORCÓN1
CELTA0
Alcorcón: Manu Herrera, Rubén Anuarbe, Babin, Rueda, Ángel Sánchez, Sales (Gerardo, m.90), Sergio Mora, Alberdi, Montañés (Carlos Martínez, m.52), Borja (Samuel, m.63) y Quini.


Celta de Vigo: Falcón, Murillo, Catalá, Jonatan Vila, Roberto Lago, Alex López (Michu, m.46), López Garai, Bustos, Iago Aspas, Dani Ábalo (De Lucas, m.59) y David Rodríguez (Trashorras, m.71).


Goles: 1-0. m.43: Borja.

Árbitro: Piñeiro Crespo (comité asturiano). Amonestó a Rueda y Alberdi por parte del Alcorcón, y a Cristian Bustos, Murillo y David Rodríguez del Celta de Vigo. Expulsó con roja directa a López Garai (m.92).

Incidencias: encuentro correspondiente a la vigésimo octava jornada de la Liga de Segunda División, disputado en el estadio de Santo Domingo (Alcorcón), ante 2.500 espectadores.



1 comentario:

  1. O Celta leva o xogo pero non remata os partidos. Tócavos sufrir xa que o Rayo xa está cerca. De momento, houbo outro ALCORCONAZO.

    ResponderEliminar