Paco Herrera sentou a López Garai e colocou a Álex López na posición de pivote defensivo. Michu ocupou un posto no equipo titular xunto a Trashorras.
Pero antes de saber como funcionarían estes cambios no medio campo, Roberto fixo gol. No minuto 2, o oscense remata, o balón dá na madeira, rebota nas costas de Falcón, que estaba
algo despistado, e entra na rede.
O resultado en contra tan cedo fixo espertar o Celta. Michu e Trashorras conseguían rachar a liña defensiva do Huesca unha e outra vez pero David Rodríguez tiña a noite aciaga. Fallou canto tiro tivo, sobre todo por calcular mal os autopases. De Lucas tampouco marcou, pero foi por mala fortuna. Logo de desfacerse do seu marcador e do porteiro, Andrés Fernández, o balón foise espetar no pau.
penalti, Jorge Valdés Aller amoestou o dianteiro céltico por tirarse á "piscina".
.
Primeiro, Bustos tivo un bo remate que salvou Andrés Fernández. Logo, De Lucas volve facelo todo ben pero erra no remate, que se esfarela no poste esquerdo. E logo, o propio De Lucas entra na área e cae logo da entrada dun defensa. Igual que sucedera con David Rodríguez no primeiro tempo, viu o cartón amarelo por esaxerar
.
O árbitro, á parte dos posíbeis penaltis, non estivo ben. Esquivou mostrarlles o segundo cartón a dous xogadores do Huesca e non parou a proliferación de faltas dos visitantes, que lograron desfacer o habitual rexurdimento celeste cando faltan 20 minutos para o final grazas a unha mestura de teatro, con xogadores propios estrados polo chan, e repartición de puntapés e empurróns que acabaron por desquiciar os galegos.
A certeza da derrota deulle unha miraxe de vezo a un equipo ao que non lle sentou ben que un terzo da bancada abandonase o campo antes de tempo. Para os que aguantaron na cadeira, xogaron os mellores minutos do partido. Froito deles, o gol de David Rodríguez cando só faltaba un minuto para o final. Na derradeira xogada, Falcón subiu a rematar unha falta. Pero o Milagre Aranzubia non pasa tan a miúdo.
A pesar da derrota, o Celta mantén o liderado. O Rayo recórtalle tres puntos e o Betis un. Balaídos non parou de animar ó equipo en todo o partido.
FICHA TÉCNICA
1-R.C.Celta: Falcón, Hugo Mallo (Murillo, min.46), Jonathan Vila, Catalán Roberto Lago (Dani Abalo, min.70), Bustos, Álex López, Michu (Iago Aspas, min.58), Trashorras, De Lucas e David
2-S.D.Huesca: Andrés, Molinero, Ochoa (Coroa, min.85), Rigo, Robert, Helguera, Sorbías, Jokin Esparza (Veiga, min.80), Víctor Pérez (Marcos, min.66), Gilvan Gomes e Roberto.
Goles: 0-1, min.3: Roberto; 0-2, min.89: Gilvan Gones; 1-2, min. 90+: David.
Árbitro: Valdés Aller, do comité castelán leonés. Amoestou Roberto Lago, David, Trashorras, De Lucas,Sorríbas, Rigo, Gilvan Gomes e Muiñeiro

Campo: Estadio de Balaídos. 11.222 espectadores. No descanso do encontro, o Real Club Celta rendeu homenaxe ao Iveco Universidade de Rugby polo seu histórico ascenso a División de Honra.
Nerviosos?
ResponderEliminar