O Celta volveu contar con Oubiña no once inicial. A principal novidade foi a presenza de Sergio Ortega en substitució n do mancado Vila.
Nos primeiros minutos, ambos conxuntos mantiveron un xogo de trincheiras motivado polo mutuo temor á derrota. Os dous equipos levaban tres xornadas sen conseguir a vitoria e preferiron un fútbol de contención aos riscos, o que provocou algún ronquido na bancada.
No minuto 34, o Celta rachou a calma. Foi Álex López o que marcou o 0-1, tras superar a Íñigo López cunha boa arrancada pola liña interior esquerda, que culminou o ferrolán cun tiro
apegado ao pau
O gol celeste espertou o Granada. Se co empate, os andaluces mantiñan as formas, acuciados pola posibilidade da derrota, os locais lanzáronse brutalmente ao ataque. Dani Benítez lanzou un balón ao pau e no minuto 44, dispara á porta, o balón dá nas costas dun zagueiro céltico e despista a Falcón. Empate xusto antes do descanso.
No segundo tempo, o partido foi moi entretido para o público. O Celta introduciu xogadores frescos no terreo de xogo (Iago Aspas, Papadopoulos e Ikechi Anya) por Trashorras, De Lucas e David Rodríguez, respectivamente
O Granada afianzou a súa posición de dominio do balón e do terreo de xogo mentres que o Celta tentou danar co contragolpe. Quizais o equipo andaluz mereceu outro gol pero fallou na área celeste e sempre foi superado pola rapidez da defensa galega e o tino de Falcón baixo paus
O Celta en ataque tivo ben poucas ocasións aínda que pesou moito na estratexia galega o temor a perder novamente.
Con este empate, o Celta segue terceiro, a tres puntos do Rayo e mantendo a distancia co último dos que se clasificarían para o "play off".